Neste obradoiro Sofia Dias e Vítor Roriz compartirán algunhas ferramentas de investigación e improvisación que se producen nos seus procesos creativos como coreógrafos. Teñen como base
o uso da palabra como materia dúctil, o nome como forma de presentación do xesto e a voz como o exceso do transvasamento entre corpos.

A sesión comezará activando a percepción de todo o corpo, para despois pasar pola procura de movementos coa progresiva implicación da voz e do texto, ata chegar ao procedemento da
improvisación, baseado nas ideas de repetición e transformación.

Sofia Dias e Vítor Roriz colaboran desde 2006. Os seus traballos teñen como base o movemento e o xesto, e as súas investigacións cuestionan os límites da linguaxe e a representación.
Nos seus dez anos de colaboración estrearon preto de quince traballos en 17 países diferentes. Desde os inicios da súa colaboración apostaron polos talleres e as clases a profesionais e
afeccionados en Portugal e no estranxeiro.

O seu interese crecente por formas de repartición e reflexión entre parellas, levounos a organizar desde 2012 varias residencias e encontros entre artistas, entre os que destaca Aware que tivo
lugar no Festival Alkantara. Colaboraron con outros coreógrafos, artistas plásticos e directores de teatro como Catarina Días, Lara Torres, Marco Martins, Clara Andermatt, Mark Tompkins, Gonçalo Waddington/Carla Maciel, Tim Etchells e Tiago Rodrigues.

Inscricións

Obradoiro dirixido a persoas relacionadas coa interpretación e interesadas en experimentar técnicas de improvisación.
Para a inscrición é necesario enviar unha carta de motivación e un perfil profesional nun folio á dirección actividades@cidadedacultura.org
Inscrición: gratuíta, previa valoración de perfil e carta de motivación.
Prazas: 15.
Data límite de presentación de solicitudes: 12 de xaneiro de 2018. 15:00 h.
Confirmación de praza: 18 de xaneiro de 2018.