ENtradas esgotadas

No ano 2016 Voadora estrea en Escenas do Cambio a súa versión libre de Don Juan, cunha comunidade de persoas maiores de Santiago de Compostela. A partir desta actuación, os responsables de MA Scène Nationale Montbeliárd convídanos a presentar a versión francesa da obra. Desa primeira colaboración nace a proposta, neste ano 2017, de traballar coa comunidade local vencellada ao mundo do motor.

Traballadoras de PSA Peugeot Citroën de Vigo e voluntarias e voluntarios de diferentes xeracións vinculadas coa fábrica serán protagonistas deste espectáculo participativo. Estamos ante un
proxecto aínda en construción que traerá á escena o mundo do garaxe, tamén unido á contracultura e ao rock. Trátase dun espazo de liberdade, un espazo único onde os coches son protagonistas, e as promesas de viaxe, e o vínculo con outro lugar, coa distancia, co afastado. Voadora volve a MA Scène Nationale – Pays de Montbeliárd cunha peza que abriu a tempada no Theatrè de Montbéliard e xirará polo territorio francés.

O traballo constrúese ao redor do mundo do motor e do papel da muller na industria do S. XX. Unha nova aventura única para os participantes e para o público. Como eles mesmos escriben: “Se a felicidade non é a meta, senón o camiño, posiblemente imos ter que comprar un coche.”

Ficha artística

Dirección: Marta Pazos.
Elenco: Espectáculo participativo protagonizado por traballadoras de PSA
Peugeot Citroën de Vigo e voluntarias/os de diferentes xeracións vencelladas
coa fábrica.
Dramaturxia: Fernando Epelde.
Movemento: Guillermo Weickert.
Iluminación: Diego Villar.
Música orixinal: Jose Díaz, Fernando Epelde, Hugo Torres.
Escenografía e vestiario: Marta Pazos.
Vídeo: Miramemira.
Asistentes de produción: Liza G. Suárez e Carmen Juanatey.
Produtor: Jose Díaz.
Produción: Voadora en coprodución con MA scène nationale – Pays de
Montbéliard.

Estrea

Setembro, 2017. Théâtre de Montbéliard. Francia