ENTRADAs esgotadas

“Una tirada de dados” é parte do proyecto El libro por venir (2015-2017), comisariado por Bulegoa z/b , ao redor á performatividade do libro de artista, que parte de 5 libros de Marcel Broodthaers. O proyecto desenvólvese como parte do Corpus. Red para a práctica da performance co-financiada por Europa Creativa da Unión Europea.

En 2016 a rede europea Corpus xunta a Israel Galván, Pedro G. Romero e Filiep Tacq na biblioteca da Universidade de Lovaina, a universidade máis antiga de Europa. Un coup de dés… de
Mallarme, é o poema que funda a modernidade en poesía. Sobre ese poema, nos anos 70, o artista belga Marcel Broodthaers intervén o libro de Mallarme. O faladoiro-diálogo erudito entre Pedro e Filiep é interrompido polo coreógrafo e bailarín español dando lugar así a unha conversación a tres bandas e en dúas partes, onde nunha primeira parte falan dúas persoas e nunha segunda baila o terceiro.

A Biblioteca e Arquivo de Galicia (onde o ano pasado xa puidemos gozar The quiet volume, a obra mestra de Tim Etchells e Ant Hampton) encherase do zapateado e do baile único de Israel Galván, baile único e subversivo, onde a identidade ponse en xogo, onde a festa é dor e a dor é festa, e onde nos demostrará que si, que un libro tamén se pode bailar.

Ficha artística

Idea orixinal: Filiep Tacq.
Concepto: Pedro G. Romero.
Conferenciantes: Pedro G. Romero e Filiep Tacq.
Bailaor: Israel Galván.
Parte do proxecto El libro Por venir comisariado por Buleoga z/b.

Estrea

Novembro, 2016. Festival Playground, Universidade de Lovaina. Bélxica.