Cando estes dous artistas italianos descobren o libro reportaxe de Mariusz Szczygie titulado ‘Gottland’ non o poden crer. O libro narra a historia dunha muller polaca, Janina Turek, que durante máis de cincuenta anos escribiu nun caderno absolutamente todas as cousas que lle sucederon na súa vida cotiá. Chamadas feitas e recibidas (38.196), onde e a quen lle dixo bos días (23.397), cantas citas tivo (1.922), cantos agasallos fixo, a quen e de que tipo (5.817) e outros moitos datos aparentemente inútiles.

Todo isto contido en 748 cadernos atopados á súa morte e dos que ninguén sabía nada. Esta vida sérvelles aos artistas para pensar a arte, a dor, a política e o mundo de hoxe. Na escena, ás veces, prodúcense milagres.

O encontro de Daria Deflorian e Antonio Tagliarini é un deses milagres. Entre ambos, crearon unha linguaxe no límite do escénico e o coreográfico, con pezas sutís e políticas, cheas de poesía, de fantasía e dun humor único e irrepetible.

 

Ficha artística

Baseada na reportaxe de Mariusz Szczygieł Reality traducida por Marzena
Borejczuk, Nottetempo 2011.
Dramaturxia, dirección e interpretación: Daria Deflorian e Antonio Tagliarini.
Deseño de luces: Gianni Staropoli.
Dirección técnica: Giulia Pastore.
Colaboración artística:Marzena Borejczuk.
Distribución internacional: Francesca Corona.
Manager: Anna Damiani.
Produción: A.D.
Coprodución:Festival Inequilibrio/Armunia, ZTL-Pro co patrocinio de Provincia
di Roma e Assessorato alle Politiche Culturali.
Colaboran: Fondazione Romaeuropa e Teatro di Roma.
Residencias: Festival Inequilibrio/Armunia, Ruota Libera/Centrale Preneste
Teatro, Dom Kultury Podgórze coa colaboración do Istituto Polacco di Roma,
Nottetempo, Kataklisma/Nuovo Critico, Istituto Italiano di Cultura di Cracovia e
Dom Kultury Podgórze.
Agradecementos: Janusz Jarecki, Iwona Wernikowska, Melania Tutak,
Magdalena Ujma, Jaro Gawlik e especialmente a Ewa Janeczek.

Estrea

Xuño, 2014. La Colline – Théâtre National. Festival Face à face, París. Francia.

MERCAR ENTRADA