A onde había que chegar?/ Que é o que me perdín se é que me perdín algo?/Ese encerro tan antigo/ Armadilla escura do tempo/ O baile soa no burato dunha aperta/ Ofrenda ó deus dos antigos: Saturno recebe unha cadeira e unha pequena lanterna/ Un canto encarnando a única realidade posible en íntimo presente, despendúrase sobre unha bicicleta estendida/ Non te preocupes por nada, tranquila, para que te vas preocupar?/

Entre os artistas galegos que habitan no estranxeiro, Estela Lloves ocupa un lugar especialmente relevante. Formada con Mónica Valenciano, desde hai varios anos vive en Berlín. Artista da
fronteira, nesta peza colabora coa compositora Hada Benedito que logra facer música cunha vella bicicleta. Entre o teatro, a danza, a música e o circo, Estela crea un momento de liberdade e beleza extremo.

Ficha técnica

Dirección e coreografía: Estela Lloves.
Espazo sonoro: Hada Benedito.
Iluminación: Antóm Ferreiro.

Estrea

Novembro, 2016. Festival Seis Cordas. Teatro Ensalle, Vigo, España.

MERCAR ENTRADA