“Este traballo resultou dun proxecto de colaboración que desenvolvín coa coreógrafa e bailarina exipcia Karima Mansour, entre os meses de setembro de 2004 e xuño de 2006. Durante este longo período de tempo, moitas cousas ocorreron: viaxes, encontros, falta de tempo e momentos de intensa discusión. Ao final, rematou por ser imposible. Cada un decidiu facer un só. A estrea foi en Lisboa en xuño de 2006 no Festival Alkántara, e os dous sos foron presentados no mesmo espazo, un a continuación doutro. O meu foi o primeiro e o de Karima, o segundo”.

Miguel Pereira, un dos coreógrafos de referencia da nova danza portuguesa –xunto a Vera Mantero, Joao Fiadeiro e Francisco Camacho–, fala nesta peza sobre a intimidade dos procesos de creación. Unha lección sobre como traballar cos outros, como compartir e afrontar as ideas, mesmo aínda que os outros se resistan a devolvernos nada. Once anos despois, a peza continúa a presentarse en países de todo o mundo e facéndonos rir como o primeiro día.

Ficha artística

Creación e interpretación: Miguel Pereira.
Colaboración dramaturxia: Roger Bernat e Rui Catalão.
Vestiario: Mónica Bertran.
Produción executiva: O Rumo do Fumo (Lisboa), Alkantara (Lisboa) e Panorama Rio Dança (RJ).
Coprodución: Festival Alkantara 2006, Panorama Rio Dança, O Rumo do Fumo, MAPA – Cel-lula Sant Mori, Jangada de Pedra e Galeria ZDB.
Residencia artística: CENTA Centro de Estudos de Novas Tendências Artísticas, Cel-lula Sant Mori e Negócio/ZDB.
Colabora: European Cultural Foundation, Telemar (Brasil).
Apoio: O Rumo do Fumo é unha estrutura financiada polo Ministério da cultura, Direcção-Geral das artes.

Estrea

Xuño, 2006. Festival Alkantara, Lisboa. Portugal.

MERCAR ENTRADA