“Durante os anos 50 e 70, o meu pai e os seus dous irmáns formaron parte do Grupo de Espeleología Edelweiss. En 1956, Edelweiss iniciou no norte de Burgos a exploración de ‘Ojo Guareña’, unha das covas máis grandes de Europa. Guiada por espeleólogos, Light years away é unha visita a través da escuridade do teatro, un percorrido no que todo o que aparece ao paso sorprende, xa sexa orgánico ou inanimado, cronolóxico ou anacrónico, visible ou invisible. Trátase dunha película fóra da pantalla, un documental sen rostros, un espectáculo iluminado con lanternas”.

Edurne Rubio, artista burgalesa afincada en Bruxelas, indaga na historia española desde un lugar sutil, nese descenso á cova que é tamén unha metáfora do momento presente. O público terá a
oportunidade de sentir a temperatura da cova e de descender coa artista ás profundidades da súa memoria.

 

Ficha técnica

Concepto e performance: Edurne Rubio.
Son: David Elchardus.
Cámara: Álvaro Alonso de Armiño, Gregorio Méndez e Sergi Gras.
Edición: Edurne Rubio.
Colaboración artística: Jan De Coster, Didier Demorcy, María Jerez e Loreto Martínez Troncoso.
Técnica: Gregor Van Mulders e David Elchardus.
Espeleólogos: Teresiano Antón, Miguel Ángel del Álamo, Fortunato Lázaro, Ana Isabel Ortega, Pedro Plana, Miguel Ángel Martín, Pablo Martín, Fernando del Río, Elías Rubio, Eliseo Rubio, Gabriel Rubio, Palmira Rubio, Francisco Ruiz e Carmen Vadillo.
Produción: Kunstenwerkplaats Pianofabriek, Bruxelas.
Co-produción: Beursschouwburg, Kunstencetrum BUDA.
Co apoio de: Vlaams Gemeenschap; Vlaams Gemeenschapscommissie; Grupo de Espeleología Edelweiss; Junta de Castilla y León; Netwerk, centrum voor hedendaagse kunst; What is Third, Casa Encendida e Espacio Tangente.

Estrea

Outubro, 2017. Festival Buda Vista, Kortrijk. Bélxica.

 

MERCAR ENTRADA