En 2014, Mohamed El Khatib asiste e acompaña a morte da súa nai. Natural de Marrocos pero afincados en Francia desde hai moito tempo, a familia é unha vez máis o lugar dos conflitos entre formas de vivir e neste caso, de morrer. Se a escena contemporánea se encheu de documentos, e este festival estivo particularmente atento a esas manifestacións, a peza de El Khatib é máis que unha peza sobre a morte e o diálogo entre culturas, é unha lección de escena, de mesura, de coidado, unha lección de como gardar memoria.

Unha peza reveladora sobre a realidade francesa. O verdadeiro diálogo entre culturas, seguramente, aínda está por comezar. Esta peza é un inicio posible. Unha peza reconciliada, tenra, brillante, que toma posición no momento difícil da morte. Unha peza chea de dor e de humor, onde a morte da nai tamén é celebración da existencia, exercicio de memoria, e inicio dunha vida nova.

Ficha artística

Idea, concepción e deseño: Mohamed El Khatib.
Imaxe e contorna visual: Frédéric Hocké.
Contorna sonora: Nicolas Jorio.
Colaboración artística: Thomas Ferrand.
Produción: L’l, Vanessa Valée.

Estrea

Xuño, 2015. Festival de Avignon. Francia.

MERCAR ENTRADA