ENtradas esgotadas

Despois da admiración mutua xurdida entre eles, no ano 2015 o escritor e director portugués Tiago Rodrigues propón á parella de performers e coreógrafos Sofia Dias e Vitor Roriz participar no seu novo proxecto. Aplicando moito do traballo vocal e da linguaxe que esta parella de artistas investigou e desenvolveu ao longo da súa traxectoria, Rodrigues reescribe a gran traxedia de amor de Shakespeare —quizais a maior obra de amor de todos os tempos— e cun escenario minimalista, consegue, a través da palabra, xerar un universo complexo, onde a traxedia de Antonio e Cleopatra vólvese unha paisaxe serena, sen deixar de ser brutal.

Despois de conquistar o Festival de Avignon en 2016, (e de novo en 2017, coa nova peza O sopro) e tras By heart, Bovary, e deste traballo que presentamos, Tiago Rodrigues considérase xa unha das grandes voces do teatro europeo. Antonio e Cleopatra presentouse en inglés, francés e portugués en teatros de todo o mundo.

Ficha artística

Texto: Tiago Rodrigues con citas de António e Cleópatra de William Shakespeare.

Elenco:  Sofia Dias e Vítor Roriz.

Escenografía:  Ângela Rocha.

Vestiario:  Ângela Rocha e Magda Bizarro.

Deseño de luces: Nuno Meira.

Música: Extractos da banda sonora da película Cleopatra (1963), de Alex North.

Colaboración artística: Maria João Serrão e Thomas Walgrave.

Mobiliario: Decor Galamba.

Produción: TNDM II a partir dunha creación orixinal da compañía Mundo Perfeito.

Coprodución:  Centro Cultural de Belém, Centro Cultural Vila Flôr e Temps d’Images.

Produción executiva na estrea: Magda Bizarro e Rita Mendes.

Residencia artística: Teatro do Campo Alegre, TNSJ e Alkantara.

Agradecementos: Ana Mónica, Ângelo Rocha, Carlos Mendonça, Luísa Taveira, Manuela Santos, Toninho Neto, Rui Carvalho Homem, Salvador Santos e Bomba Suicida.

Colabora: Museu de Marinha.

 

Estrea

Decembro, 1994. Centro Cultural de Belem, Lisboa. Portugal.