Este traballo nace dun xesto estereotipado, dunha construción consensuada e dirixida de como deben ser as cousas; nace dunha norma elaborada a conciencia coa intención de manter a orde do establecido. A disidencia preséntase por tanto coma un mal síntoma, o “librepensar” de Huxley en ‘Un mundo feliz’ será un castigo que o individuo, ou máis ben o usuario desta realidade, non debe infrinxirse. Todo está preparado para esta experiencia onde o fundamental non é saber escoller entre as diferentes opcións xa que todas conducen ao mesmo camiño, senón procurar o lugar axeitado para gozar dun entretemento integral. ‘50 minutos de simulación programada’ é unha experiencia escénica que se desenvolve baixo unha estética de vídeoxogo habitada por dous avatares que desenvolven accións vinculadas ás súas respectivas identidades cosplay.

Bastará con este par de personaxes de identidades polarizadas e unha escenografía que nos remita a todos eses non lugares que habitamos diariamente para que o noso disco ríxido interno atope arquivos de memoria estrañamente similares ao que presenciemos en escena.

Artista multidisciplinar nado na Coruña en 1977, o seu traballo oscila entre as artes visuais, o cinema, a música e a performance.

Ficha artística

Dirección, dramaturxia, música, guión e interpretación: Félix Fernández.
Voz en off: Jas Processor
Dirección coreográfica: Rut Balvís.
Deseño de iluminación: Alfonso Castro.
Vestiario: Rebeca Durán e Félix Fernández.
Asesoramento escénico: Idoia Zabaleta.
Residencia: AZALA (Xaneiro, 2018).
Colabora: Fundación Luis Seoane.

EstreA

Work in progress. Presentación en Escenas do Cambio.

MERCAR ENTRADA