Violonchelista, investigadora, cantante, artista total. Maite Arroitajauregui é Mursego.

Neste último ano creou o proxecto 100% Oion, un disco co pobo éuscaro de Oion, un dos máis conflitivos de Euskadi. Con todo o pobo, xerou un disco enteiro sobre a realidade que viven día a día os seus habitantes. Decidida a traballar cun pobo conflitivo, Maite dá voz ás diferentes culturas e formas de vivir deste. Cos pés en Euskadi, en Eibar, pero coa ollada no mundo, Maite é tamén unha presenza e unha voz única, multinstrumentista, con formación en música clásica e contemporánea.

Se un dos obxectivos deste festival é dialogar e rescatar artistas que se resisten a deixarse atrapar polo sistema cultural imperante, a voz de Mursego, os seus xoguetes, a súa paisaxe, a súa delicadeza e a súa contundencia á hora de dicir, serán un dos momentos cume desta edición.

Ficha artística

Maite Arroitajauregi: cello, loop station, pratiños chineses, chifre, pandeireta,
organiño, palmas, rimas, coros e danzas.

EDITADO

Xuño de 2017

MERCAR ENTRADA