Venda de entradas

ESCENA e CONCERTOS

Entrada individual para cada función:

Anticipada: 8 €.  Ata as 17 h. do día da función. Á venda no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, puntos físicos Ataquilla e en www.ataquilla.com e 902 504 500 (+gastos de xestión).

Billeteira: 9€. No espazo de venda de cada recinto antes da función. Sen posibilidade de aplicar promocións.

Abono: 40€. Inclúe acceso a todas as funcións,  Localidade reservada en zona preferente do patio de butacas. Paquete de benvida con material do Festival. Á venda só ata o 24 de xaneiro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, puntos físicos Ataquilla e en www.ataquilla.com e 902 504 500 (+gastos de xestión).

Descontos do 20% no prezo da entrada para colectivos especiais: Alumnos ESAD de Galicia, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, integrantes de Escena Galega, carné universitario, membros do Club Gaiás, persoas xubiladas, persoas en situación de desemprego,  persoas con discapacidade, membros de familias numerosas, carné USC e Carné Xove.
Promocións: 3×2: Merca tres entradas para o mesmo espectáculo polo prezo de dúas (16 €). Promoción non acumulable cos descontos. Só en venda anticipada no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, puntos físicos Ataquilla ou a través do teléfono de Ataquilla 902 504 500 (+ gastos de xestión). Non dispoñible a través da venda na páxina web.

*Puntos físicos de Ataquilla:
– Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 26)
– Sede Afundación Santiago de Compostela. (Rúa del Vilar, 19).
– Sede Afundación de A Coruña (Cantón Grande, 8).
– Sala de Exposiciones Sede Afundación de Ourense (Praza Maior, 4).

 

Obradoiro e espazo de encontro

De balde previa aceptación de candidatura. A organización fará selección de candidaturas entre as persoas que envíen carta de motivación con biografía (máximo 1 folio) a actividades@cidadedacultura.org antes do 12 de xaneiro de 2018. Os participantes admitidos que o desexen poderán adquirir abonos para asistir posteriormente aos encontros a todas as funcións a metade de prezo (20 €).