Who will save me today?

Janet Novás | Galicia – 55 min.

12 FEBREIRO - 18.30h – Sala 2


entradas

Habito un tempo e convivo cunha sociedade que me crea un constante conflito. Este é un dos principais motores do meu traballo. Unha tensión que me provoca buscar a maneira de operar dentro das diferentes contornas, preservándome, preservando o meu traballo. Indago sobre o modo de presentarme dentro das contornas e nesta tensión atopo a miña ferramenta. Dende este lugar creo dispositivos que conviden a entrar no meu mundo e habitalo por un tempo. Un mundo no que o corpo se converte en obxecto para fundirse ou prolongarse e así revelar o común do ser humano.

Who will save me today

Who will save me today? xorde das miñas vivencias na actualidade. Nace dun encontro comigo mesma e da aceptación das miñas experiencias e crenzas como ser humano. Unha necesidade de facer do meu traballo un exercicio de honestidade. Isto é o único que me salva e me permite continuar día a día. “Como integrar unha (ou a miña) verdade transparente e convivir con ela habitando un sistema no cal todo se clasifica e se ordena de forma estrutural? Como compartir a miña verdade e como aceptar a verdade doutros? Cantos somos moitos e sos cantos somos? Necesitamos ser salvados? Salváronse os que xa estiveron? Quen nos salvarán? Who will save me today?”. Janet Novás.

FICHA ARTÍSTICA

Creación e dirección artística: Janet Novás | Asistencia artística: Ricardo Santana | Música: Pergolesi | Música orixinal: Haru Mori | Interpretación: Janet Novás | Escenografía: Janet Novás | Vestiario: Cyril Wicker | Deseño de iluminación: David Picazo

Estrea

16 de novembro de 2013, Madrid en Danza. Madrid.