Veronique Doisneau

proxección – Jérôme Bel | Francia – 37 min.

31 XANEIRO - 18.15H – Sala Numax


Invitado a facer unha peza para o ballet da Ópera de París pola súa directora Brigitte Lefèvre, Jérôme Bel quería representar unha especie de documental teatral sobre a obra dunha das bailarinas do ballet: Véronique Doisneau. A bailarina, próxima á idade de xubilación, soa no escenario, retrospectivamente e subxectivamente considera a súa propia carreira como bailarina dentro desta institución.

Veronique Doisneau

Esta película foi filmada durante a última presentación da peza no escenario do Palais Garnier. Foi producida grazas ao Telmondis e Ópera de París, e co- realizada por Pierre Dupouey e Jérôme Bel.

JÉRÔME BEL (PARÍS, 1964)

Bailarín e coreógrafo, é un dos representantes máis destacados do movemento da non-danza. As súas pezas, de carácter conceptual, móvense entre o teatral, o verbal e o cotián. O corpo, entendido como ready-made, incorpora un rexistro de movementos que definen ao suxeito. Despois de traballar con varios coreógrafos en Francia e Italia, crea a súa primeira peza en 1994, Nom donné par l’auteur, na que a interacción entre obxectos banais e bailaríns conforman a peza. Jérôme Bel (1995), Shirtologie (1997), Le dernier spectacle (1998) The Show Must Go On (2001), Véronique Doisneau (2004) ou Lutz Förster (2009) completan un traballo que modifica os seus límites baixo o impulso de pensar a danza. Un histórico da danza que aparece por primeira vez en Galicia. Cédric Andrieux é unha peza simple e delicada, un manifesto sobre como conseguir a autonomía e a liberdade á que toda persoa aspira.