Um Museu Vivo de Memórias Pequenas e Esquecidas

Joana Craveiro/Teatro do Vestido | Portugal – 4 horas, 30 minutos (con cea incluída)

3 FEBREIRO - 18.30h – Sala 2


entradas

Um Museu Vivo de Memórias Pequenas e Esquecidas é unha peza documental sobre as memorias oficiais-non oficiais da ditadura portuguesa (1926-1974) e a Revolución (1974-75).

A través dun longo e exhaustivo proceso de investigación e recollida de testemuñas, Joana Craveiro -directora artística de Teatro do Vestido- constrúe unha maratón de catro horas e media de historia e memoria e a relación entre memorias problemáticas e conflitivas e a ausencia de estados políticos de memoria en Portugal respecto da súa recente historia.

Construído como un set de sete conferencias-performances, todas escritas e representadas por Joana Craveiro, Um Museu Vivo de Memórias Pequenas e Esquecidas revisita a recente historia de Portugal dende unha perspectiva histórica, política e afectiva que utiliza testemuñas de persoas comúns, desafiando así as grandes narrativas destes períodos que se construíron, sobre todo, sobre as ideas de militares e políticos.

Un museum vivo de memorias

©João Tuna

Gañadora do premio do Festival da Almada 2015, esta peza fainos moitas preguntas: Que acontece cando decidimos recordar no momento en que o poder se empeña en que esquezamos? Que pasa cando nos deixamos afectar pola historia e polo silencio dos nosos pais e avós? Onde a historia non está contada, que pode facer o teatro se non comezar por investigar esa historia e poñer as cartas sobre a mesa.

FICHA ARTÍSTICA

Investigación, texto, dirección e interpretación: Joana Craveiro | Colaboración creativa e asistencia: Rosinda Costa e Tânia Guerreiro | Vestiario: Ainhoa Vidal | Deseño de iluminación: João Cachulo | Produción: Cláudia Teixeira | Asistente de produción: Igor de Brito.

.

ESTREA

Novembro de 2014, Lisboa.

Estrea en España no festival Escenas do Cambio’16, Santiago de Compostela.