Tijuana (La democracia en México 1965-2015)

Lagartijas Tiradas al Sol | México – 75 min

28 XANEIRO - 18.30H – Sala 2


entradas

Que significa democracia en México hoxe para uns 50 millóns de persoas que viven co salario mínimo? Que agardamos da democracia hoxe en día? Que agardamos da política alén da democracia? A economía condiciona a maneira en que experimentamos coa política e as expectativas que temos.

Partindo desa premisa, Tijuana pon en escena a experiencia de Gabino Rodríguez, convertido durante seis meses en Santiago Ramírez, habitante de Tijuana (Baixa California), baixo unhas condicións específicas que o apartaron do seu mundo habitual, do que permaneceu incomunicado mentres traballaba co salario mínimo nunha fábrica da zona. A posta en escena busca contar esta experiencia e indagar nas posibilidades da representación. Ser outro, intentar vivir a vida doutra persoa. Facerse pasar por outro. Non é iso a actuación?

Tijuana_ok

LAGARTIJAS TIRADAS AL SOL

Tijuana é a nova creación de Lagartijas Tiradas al Sol, cuadrilla de artistas convocada por Luisa Pardo e Gabino Rodríguez cuxos proxectos son un mecanismo para vincular o traballo e a vida, para borrar fronteiras. O seu traballo busca dotar de sentido, artellar, dislocar e desentrañar o que a práctica cotiá fusiona e pasa por alto. Son autores de pezas emblemáticas do teatro documental como El rumor del incendio ou Monserrat (presentada no ciclo Material Memoria, no MARCO de Vigo). Lagartijas convídanos unha vez máis a coñecer as diferenzas entre a historia oficial e a historia verdadeira.

EstreA

Estrea mundial en Escenas do Cambio’16, Santiago de Compostela.