Si pudiera hablar de esto no haría esto

Janet Novás | Galicia – 60 min.

13 FEBREIRO - 18.30h – Sala 2


entradas

Penso que na antesala dos distintos procesos creativos de cada unha das miñas pezas existen liñas homoxéneas que me permiten sentir as maneiras de articular, probar, saborear, explotar, desbotar e mesmo reutilizar os recursos e materiais que xorden ou se van desprendendo. Estas liñas trazan a traxectoria a partir dun estoupido multisensorial no meu imaxinario e no meu corpo. Nese punto préndese a chispa que permite a ignición de todos os meus procesos ou desenvolvementos na investigación e a creación, ás veces basta unha simple imaxe ou un pensamento para que xurda a necesidade de manifestar, compoñer e expoñer.

Si puedieras hablar de esto

Creo que o resultado estético/ideolóxico das miñas pezas é unha transcrición das miñas experiencias. Os meus sentimentos, sensacións, dúbidas, reivindicacións e demais aspectos existenciais maniféstanse, compoñen as miñas obras, é un ciclo constante que me mantén viva e inmersa na tarefa de investigar e crear, ao mesmo tempo, crear dá forma á miña vida. Neste traballo non formulo ningunha pregunta, discurso ou reflexión. Descoñezo que argumento lle sería máis favorable a esta obra ou basicamente de que trata, esa incapacidade para describila impúlsame e motívame. Só quero accionar o meu corpo, o tempo e o espazo que me rodea, compartir sensacións, iniciar un camiño a través das miñas experiencias e as miñas necesidades de expresión onde a acción, a entrega, o compromiso e a responsabilidade serán imprescindibles para levar a cabo este traballo. Janet Novás.

Ficha artística

Dirección e interpretación: Janet Novás | Dramaturxia: Ricardo Santana | Música: Haru Mori | Deseño de iluminación: Irene Cantero | Imaxe: Virginia Rota | Vestiario: Panamá Díaz | Un espectáculo coproducido por: Festival de Otoño a Primavera da Comunidad de Madrid, Teatro Pradillo, Festival Escenas do Cambio e Festival BAD Bilbao | Co apoio de: Graner Centro de Creació, Paso a 2 e Centro Cultural Conde Duque | Agradecementos: Haru Mori, Antía Díaz e Lipi Hernández.

Coprodución Escenas do cambio, Festival de Otoño a Primavera de Madrid e BAD de Bilbao.

Estrea

4 de febreiro de 2016 no Festival de Otoño de Madrid.