Ottof

Bouchra Ouizguen / Compagine O | Marrocos – 60 min.

7 FEBREIRO - 20.30H – Sala 1


entradas

En Ottof –formigas en bérber–, as palabras e os xestos son os depósitos e o eco dunha violencia que se quere transformar. Para este novo opus, Bouchra Ouizguen reúne a catro mulleres que xa participaron nas súas obras Madame Plaza, Ha! e Les corbeaux. As cinco exploran sobre o escenario coas súas palabras e os seus corpos a cotidianidade que ten que ver cos seus dereitos. Bouchra Ouizguen, a coreógrafa marroquí, que vive e traballa en Marrakech, reúne no que dura o espectáculo a «estas formigas traballando día a día» para realizar un traballo artístico comprometido, ancorado no presente e na cultura do seu país.

Ottof

Bouchra Ouizguen

Nada en Ouarzazate (Marrocos) e educada en Francia, Bouchra Ouizguen leva actuando dende 1995. En 2002, con Taoufiq Izeddiou e Saïd Ait El Moumen, Ouizguen funda ANANIA, unha compaña de danza contemporánea de danza en Marrakech e o festival de danza On Marche. Dende 2007, Ouizguen foi co-organizadora do festival anual Recontres Chorégraphiques en Marrakech. As súas pezas foron presentadas nos principais festivais do mundo. Bouchra Ouizguen fainos lembrar que son posibles outras formas de moverse sen deixar de tes os pés na terra, sen deixar de construír e pór en crise permanente a nosa identidade. Unha homenaxe ás mulleres resistentes, ás presenzas poderosas, e aos movementos cotiáns que transforman e fan máis belo e habitable o mundo.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección artística: Bouchra Ouizguen | Elenco: Bouchra Ouizguen, Kabboura Aït Hmad, El Hanna Fatéma, Halima Sahmoud, Fatna Ibn El Khatyb | Iluminación: Nicolas Castanier | Música: Lutoslawski-Preludio e Fuga para trece cordas solistas, Nina Simone-My baby just cares for me

Estrea

25 xuño d2015, Festival Montpellier Danse (Francia).

Estrea en España no festival Escenas do Cambio’16, Santiago de Compostela.