Mordedores

Lucía Russo e Marcela Levi | Brasil | Arxentina – 50 min.

5 FEBREIRO - 20.30h – Sala 1


entradas

En 2014 Marcela Levi e Lucía Russo deron inicio a un proceso de longa duración que demandaba a participación colaborativa de performers nunha investigación sobre a violencia, entendida e experimentada máis aló das súas connotacións inmediatas de aniquilamento, morte e destrución. Contrariando o imaxinario (e as políticas culturais e sociais) que busca pacificar a violencia por medio dunha dopaxe, dun baleiramento de enerxía -tamén el, evidentemente, violento– realizado en nome dunha harmonía edificante, Levi e Russo incorporan a enerxía da violencia como impulsora dunha espiral de forzas en tensión. Ao corpo contemporáneo blindado e aséptico, na desesperada busca dunha fortaleza auto-protectora envolto en fantasías cosméticas, contraponse un corpo permeable, máis elástico, que pode racharse, que ensucia e se ensucia, que pensa e é pensado, morde e é mordido.

Mordedores

Marcela Levi e Lucía Russo

A coreógrafa carioca Marcela Levi e a coreógrafa arxentina radicada en Río de Janeiro Lucía Russo volven sorprendernos nun novo traballo de autoría compartida, tal e como veñen facendo dende 2010 baixo a etiqueta de Improvável Produçoes. Levi e Russo apostan por unha dirección artística que apunta a un sistema de orde aberta no que as diferentes posicións inventivas crúzanse nun proceso que dá a benvida ás liñas desviadas, á desavinza e ás diferenzas internas como a resistencia crítica construtiva e non como polaridades contraditorias e auto excluíntes. A desavinza como motor de creación e pensamento, un tema central na conferencia de Chantal Mouffe, aquí se fai corpo e acción.

Ficha artística

Autoras e directoras: Marcela Levi e Lucía Russo | Elenco: João Victor Cavalcante, Gabriela Cordovez, Tamires Costa, Ícaro Gaya, Tony Hewerton, Daniel Passi e Lucía Russo | Colaboración dramatúrxica: Laura Erber | Residencias artísticas: Centro Coreográfico da Cidade do Rio de Janeiro e Espaço Cultural Sítio Canto da Sabiá | Apoio: Centro Coreográfico da Cidade do Rio de Janeiro, Centro de Artes da Maré, Lia Rodrigues Cia de Danças, Casa Funarte Paschoal Carlos Magno, Projeto Entre/Espaço Cultural Municipal Sérgio Porto, Daniela Trajtenberg e Consulado de Arxentina en Río de Janeiro | Coprodución: Iberescena/Funarte e Cooperativa Disentida | Financiado por: Prefeitura da Cidade de Rio de Janeiro e a Secretaría Municipal de Cultura (SMC) | Técnica de luz: Isadora Giuntini | Produción: Improvável Produções.

Estrea

Marzo de 2015, Festival Dois Pontos de Río de Janeiro (Brasil).

Estrea europea no festival Escenas do Cambio’16, Santiago de Compostela.