Jaguar

Marlene Monteiro Freitas | Portugal | Cabo Verde – 120 min

28 XANEIRO - 20.30H – Sala 1


entradas

Jaguar é o nome que se lle dá a algúns cabalos, unha peza de baile e un espectáculo de marionetas. En Jaguar somos marionetas e neste teatro manipulado, confiámonos aos outros e ás súas mans: Mandinga d’ Soncent, Wolfli, Blaue Reiter, entre outros, que a pesar de ser radicalmente diferentes, non son máis ca unha extensión de nós mesmos. Jaguar é un fragmento, unha escena de caza, ou en realidade, unha escena de caza atormentada. (Marlene Monteiro Freitas).

Jaguar

MARLENE MONTEIRO FREITAS

Jaguar é a última creación de Marlene Monteiro Freitas, creadora nada en Cabo Verde, cuxas obras teñen un triplo denominador común: a abertura, a impureza e a intensidade. Co-fundadora do grupo de danza Compass (Cabo Verde) e da estrutura de produción P.OR.K (Lisboa), Marlene Monteiro Freitas destacou por traballos como De marfim e carne – as estátuas também sofrem (2014), Paraíso-colecção privada (2012-13), ou (M)imosa (2011) con Trajal Harrell, François Chaignaud e Cecilia Bengolea. Neste traballo, feito en colaboración con Andreas Merk, a calidade do seu movemento supón un ar fresco no panorama da danza europea, indo un paso máis alá en cada traballo, asumindo riscos e seducindo públicos de todo o mundo. Unha danza que anticipa o mundo que vén: caótico, hipnótico e veloz. Un mundo que nos obriga a tomar postura e a saber como e con quen queremos movernos.

Ficha artística

Coreografía: Marlene Monteiro Freitas en colaboración con Andreas Merk | Interpretación: Marlene Monteiro Freitas, Andreas Merk | Iluminación e espazo: Yannick Fouassier | Son: Tiago Cerqueira | Atrezzo: João Francisco Figueira, Miguel Figueira | Documentación: João Francisco Figueira, Marlene Monteiro Freitas | Agradecementos: Betty Tchomanga, Avelino Chantre | Produción: P.O. R.K (Lisboa, PT) | Distribución: Key Performance (Estocolmo, SE) | Coprodución: Zodiak – Center for New Dance (Helsinqui, FI), CDC Toulouse/Midi-Pyrénées (Toulouse, FR), Alkantara (Lisboa, PT), HAU – Hebbel am Ufer (Berlín, DE), MDT (Stockholm, SE) no marco de [DNA] Departures and Arrivals, co-financiado polo programa “Creative Europe” da Unión Europea; Teatro Municipal do Porto Rivoli (Porto, PT); Arsenic (Lausanne, CH); Maria Matos Teatro Municipal (Lisboa, PT); O Espaço do Tempo (Montemor-o-novo, PT);Les Spectacles Vivants – Centre Pompidou (París, FR); Espaces Pluriels (PAU, FR); Tandem Douai-Arras/Scène nationale (FR); A-CDC (Art Danse – CDC Dijon Bourgogne (FR), La Briqueterie – CDC du Val-de-Marne (FR), Le Cuvier – CDC d’Aquitaine (FR), L’échangeur – CDC Picardie (FR), Le Gymnase – CDC Roubaix – Nord Pas de Calais (FR), Le Pacifique – CDC Grenoble (FR), CDC Paris Réseau Danse (FR), Pôle Sud – CDC Strasbourg en prefiguration (FR), CDC Toulouse/Midi-Pyrénées (FR), CDC Uzès danse (FR)).

Co-presentación Alkantara co apoio de DNA – Programa Europa Creativa.  

Estrea

Outubro 2015, Helsinqui (Zodiak).

Estrea en España no festival Escenas do Cambio’16, Santiago de Compostela.