Inspiracion ou extinción, dúas maneiras de ser Mundo

charla – Oliver Laxe | Galicia –

6 FEBREIRO - 16.30h – Aula Museo


En Inspiracion ou extinción, dúas maneiras de ser Mundo, Oliver Laxe porá a dialogar a poesía do cheikh sufí Ibn Arabi coa do monxe zen Santoka, contrapoñendo así dúas maneiras estéticas de enfrontarse ao Mundo: un a través do afondamento no eu, o outro a través da anulación deste. Dúas maneiras de ser mundo que dalgunha maneira conviven en cada un de nós e na nosa produción artística. Oliver Laxe amosará algunhas imaxes dos seus últimos traballos Santos#2 e As Mimosas, fortemente influenciadas por estes dous autores.

Oliver Laxe

Oliver Laxe

Vive e traballa en Marrocos. A súa primeira longametraxe Todos vós sodes capitáns foi premiada no 2010 na Quincena de realizadores do festival de Cannes co premio da crítica. As Mimosas é a súa nova película, pendente de estrea, un western metafísico que ten lugar nas montañas do sur de Marrocos. É un dos fundadores de Zeitun Films.