Vinte e cinco metros de colar de perlas, unha cabeza de boi embalsamada, pinzas do pelo e un sinalizador de bicicletas, son os obxectos, ou mellor, os suxeitos (obxectos deslocalizados, desfuncionalizados e subxectivados), dos cales fai uso na performance. Busca o encontro corpo (=carne, simbólico e imaxinario) + obxectos (=presenza simbólica do Outro), desbordamento, superposicións e desprazamentos xeradores dun sentido (dirección e significado) Outro. (Marcela Levi).
Marcela Levi
Marcela Levi tráenos desta volta un traballo realizado en solitario que foi incluído como un dos dez mellores traballados en danza en 2007 na lista do Jornal do Brasil. Formada pola Escola de Dança Angel Vianna (RJ), Levi foi artista residente no centro de arte Les Récollets (Francia); no Programa Artistas en Residencia – Casa Encendida / Aula de Danza e no Espaço Cultural Azala (España); no Laboratório de Criatividade Urbana ON.OFF, Guimarães 2012 – Capital Européia da Cultura (Portugal); artista convidada no programa Rio Occupation London, na London Cultural Olympiad, promovido pola SEC RJ; e recibiu a bolsa Batiscafo (Cuba). Os seus proxectos presentáronse en varios festivais e centros de arte en Brasil, Europa e América Latina. In-organic é unha peza presentada durante os últimos oito anos, unha peza sobre a autonomía, as acción rituais e domésticas e as pequenas violencias das relación humanas. Concepto e brutalidade nunca estiveron lonxe, demóstranos esta peza inscrita na mellor tradición da arte brasileira, de Lygia Pape a Hélio Oiticica.
FICHA ARTÍSTICA
Autora, directora e performer: Marcela Levi | Asistencia de dirección: Lucía Russo | Residencias artísticas: Centre International d’accueil et d’échanges des Récollets / París | Financiado por: Rumos Itaú Cultural Dança 2006/2007 e PRÊMIO KLAUSS VIANNA DE DANÇA 2007 co patrocinio de Petrobras | Co apoio de: Consulado Xeral de Francia / Rio de Janeiro, Espaço SESC / Rio de Janeiro e Centre International d’accueil et d’échanges des Récollets / París | Técnica de luz: Isadora Giuntini | Produción: Improvável Produções.
Estrea
2007, Itaú Cultural de Sao Paulo (Brasil).
Estrea europea en Escenas do Cambio’16, Santiago de Compostela.