Europa na casa

Rimini Protokoll | Alemaña –

28 XAN-7 FEB - 20.30H – Casas particulares de Compostela


entradas

O lugar onde se celebrará o espectáculo seralle notificado o propio día do evento a primeira hora da tarde a través de WhatsApp e/ou correo electrónico. Por iso, é imprescindible que á hora de adquirir a entrada, indique o seu número de teléfono móbil e/ou o seu mail.

Europa na casa é unha performance que podes levar na túa equipaxe de man.

Que é a Europa en realidade? É unha fronteira xeográfica, unha identidade cultural, unha coalición de estados? Dise máis e máis que Europa é unha idea que sempre está mudando, como o individuo pode dicir da súa propia experiencia. Rimini Protokoll contrasta esa idea abstracta de Europa coa individualidade dun apartamento privado. 15 persoas forman parte dunha performance nunha sala de estar que entrelaza historias persoais e os mecanismos políticos de Europa.

Podes aloxar Europa na casa na túa propia casa ou ser un convidado no apartamento privado dun estraño. Cada actuación ocorre en casas diferentes e así a performance percorrerá centos de vivendas en toda Europa, dando lugar á construción dunha rede que, no canto de crecer a partir dun centro, esténdese da porta a porta a través do continente.

+ info: www.rimini-protokoll.de

Europa en casa

Rimini Protokoll

Helgard Haug, Stefan Kaegi e Daniel Wetzel levan traballando como un equipo dende o ano 2000. Dende 2002, todas as súas obras escribíronse en conxunto baixo a etiqueta Rimini Protokoll. No foco do seu traballo está o desenvolvemento continuo das ferramentas do teatro para permitir perspectivas non usuais da nosa realidade. Europa na casa, o último gran proxecto dos Rimini Protokoll, nunha produción da rede europea House on fire, presenta unha serie de cuestións básicas sobre a participación, a autoría, a ocupación do espazo privado, e tamén sobre a hospitalidade e acollida como xesto humano fronte á barbarie. Unha lección de vida para estes tempos de migracións que parecen non ter fin.

Ficha artística

Concepto / Guión / Dirección: Helgard Haug, Stefan Kaegi, Daniel Wetzel (Rimini Protokoll) | Dramaturxia: Katja Hagedorn | Colaborador artístico en xira: Cornelius Puschke | Deseño da interacción: Hans Leser, Grit Schuster, Mirko Dietrich, Claes Schwennen | Asistente de deseño da interacción: Philipp Arnold | Escenografía: Belle Santos, Lena Mody | Asistente escenografía: Ran Chai Bar-zvi | Produción: Juliane Männel | Dirección técnica: Sven Nichterlein | Deseño web: Tawan Arun + Ralph Gowers (programación) | Edición web: Cornelius Puschke.