Ensaio amor

Nuria Sotelo | Galicia – 60 min.

4 FEBREIRO - 18.30h – Sala 2


entradas

Ensaio amor é froito da conciliación, a precariedade laboral e o amor.

Tres mulleres novas deciden embarcarse nun proxecto escénico ao redor da lei de Ohm, apropiándose dos significantes que contén; tensión, intensidade e resistencia, para reflexionar sobre os seu diferentes significados e utilizalos como pautas físicas. A maternidade muda os corpos, as necesidades, as prioridades, os recursos e os tempos.

Catro mulleres; dúas bailarinas, unha personiña e unha violoncellista fanse preguntas sobre si mesmas como mulleres. Sobre aquilo que fan con amor e por amor; cuestionándose o seu papel de coidadoras, nais e amantes.

Ensaio amor

NURIA SOTELO

Ensaio amor xorde na Residencia de creación da bailarina e creadora galega Nuria Sotelo, levada a cabo de novembro a decembro de 2015 no espazo de creación Azala en colaboración con Escenas do Cambio. Xunto a ela, a bailarina Clara Ferrao, a violoncellista Macarena Montesinos e á súa filla, Lena Vilanova Sotelo. Asesorada pola mirada da coreógrafa Idoia Zabaleta, este traballo é o primeiro dunha serie de colaboracións entre Escenas do cambio e Azala Espazio de creación, no intento de crear redes e vínculos entre a nova creación galega e a escena internacional.

FICHA ARTÍSTICA

Texto: Nuria Sotelo, Clara Ferrao, Macarena Montesinos | Dirección: Nuria Sotelo | Elenco: Nuria Sotelo Rodríguez, Clara Ferrao Diz, Macarena Montesinos Fandiño, Lena Vilanova Sotelo |
Coprodución de Escenas do Cambio- Festival ALT, co apoio de Azala.

ESTREA

Estrea mundial en Escenas do Cambio 2016, Santiago de Compostela.