“Non o estou contando para recordalo. Ao contrario, estouno a facer así para estar seguro de que esquecín”, di Rabih Mroué. E o que fai para esquecer é contar, contar unha e outra vez ata que a estrutura narrativa do conto se desvela, deixando espida unha posible verdade: a do mecanismo da representación. Podemos preguntarnos se detrás do “contar” as historias do pasado da danza non se atopa un desexo semellante. Isabel de Naverán.
Isabel de Naverán
É investigadora e teórica en artes escénicas. É membro de Bulegoa Zenbaki Barik, unha oficina de arte e coñecemento localizada en Bilbao, e é parte do grupo de investigación ARTEA, de Madrid. Dedícase á escrita de ensaio crítico e á creación de contexto no que se deu en chamar a coreografía expandida. É Doutora en Belas Artes pola Universidade do País Vasco; forma parte do equipo do Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual (MNCARS, UCLM, Madrid).