Cédric Andrieux

Jérôme Bel | Francia – 80 min

30 XANEIRO - 20.30h – Sala 1


entradas

Esta peza de Jérôme Bel é un percorrido pola danza contemporánea a partir da reconstrución da experiencia vital do bailarín Cédric Andrieux, integrante da Merce Cunningham Dance Company durante case unha década.

Cédric Andrieux amosa fragmentos de movementos e xestos de Trisha Brown, Merce Cunningham ou o propio Jérôme Bel, nun tour de force pola gramática da danza contemporánea mesturada coa narración biográfica do bailarín. O corpo como arquivo e o relato ante o público conforman unha historia xeracional e subxectiva da danza.

Jerome Bel

Jérôme Bel (París, 1964)

Bailarín e coreógrafo, é un dos representantes máis destacados do movemento da non-danza. As súas pezas, de carácter conceptual, móvense entre o teatral, o verbal e o cotián. O corpo, entendido como ready-made, incorpora un rexistro de movementos que definen ao suxeito. Despois de traballar con varios coreógrafos en Francia e Italia, crea a súa primeira peza en 1994, Nom donné par l’auteur, na que a interacción entre obxectos banais e bailaríns conforman a peza. Jérôme Bel (1995), Shirtologie (1997), Le dernier spectacle (1998) The Show Must Go On (2001), Véronique Doisneau (2004) ou Lutz Förster (2009) completan un traballo que modifica os seus límites baixo o impulso de pensar a danza. Un histórico da danza que aparece por primeira vez en Galicia. Cédric Andrieux é unha peza simple e delicada, un manifesto sobre como conseguir a autonomía e a liberdade á que toda persoa aspira.

Ficha artística:

Director: Jérôme Bel | Intérprete: Cédric Andrieux | Con fragmentos de: Trisha Brown (Newark), Merce Cunningham (Biped, Suite for 5), Philippe Tréhet (Nuit fragile), Jérôme Bel (The Show Must Go On) | Coprodución: Théâtre de la Ville, Festival d’Automne, R. B. Jérôme Bel | Co apoio de: Centre National de la Danse (París), La Ménagerie de Verre (París), Baryshnikov Arts Center (Nova York) | Agradecementos: Thérèse Barbanel, Trevor Carlson e Yorgos Loukos | Axudas: R. B. Jérôme Bel recibe subvencións da Dirección Rexional de Asuntos Culturais de Île-de France, Ministerio de Cultura e Comunicación de Francia, e o Institut Français, Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, para as xiras internacionais.

Estrea

Decembro de 2009, Théâtre de la Ville de París (Francia).