Arquive

Arkadi Zaides | Israel – 65 min.

30 XANEIRO - 18.30h – Sala 2


entradas

En Archive, Arkadi Zaides profunda na súa exploración artística do conflito entre Israel e Palestina. O artista válese das imaxes tomadas polos voluntarios do Proxecto B’Tselem, unha iniciativa do Centro de Información Israelí para os Dereitos Humanos nos Territorios Ocupados, que dende 2007 distribúe cámaras de vídeo entre palestinos que viven en zonas de alto conflito para documentar as violacións de dereitos humanos e expoñer a realidade da vida baixo a ocupación. Zaides chama a atención dos espectadores sobre os corpos dos israelís capturados pola cámara e as reaccións físicas ás que recorrer en varias situacións de confrontación. Os palestinos permanecen tras a cámara. O seu movemento, a voz e o punto de vista están moi presentes e determinan a perspectiva do espectador.

Aínda que os materiais filmados polos fotógrafos revelan a realidade local, Zaides desexa discutir unha cuestión máis universal: cal é o potencial de violencia incorporado en cada individuo e que prezo debe pagar o colectivo para o control dos demais? Zaides extrae e aprópiase dos xestos e voces, involúcrase e identifícase cos materiais. As cuestións da participación e a responsabilidade ábrense mentres o seu corpo se transforma nun arquivo vivente.

archive

Arkadi Zaides

Bailarín e coreógrafo independente que vive e traballa en Tel Aviv, concibe a arte como un vehículo para desafiar e inspirar aos espectadores e, ao mesmo tempo, para chegar e reunir diferentes sectores da sociedade. Centrado no traballo con diversas comunidades, en especial co sector árabe que vive en Israel, Zaides recibiu por Archive o premio da Cátedra Emile Zola polos Dereitos Humanos.

Ficha artística

Materiais de arquivo: voluntarios do ‘Camera Project’ do B’Tselem, Centro de Información Israelí para os Dereitos Humanos nos Territorios Ocupados: Iman Sufan, Mu’az Sufan, Bilal Tamimi, Udai ‘Aqel, Awani D’ana, Bassam J’abri, Abu ‘Ayesha, Qassem Saleh, Mustafa Elkam, Raed Abu Ermeileh, Abd al-Karim J’abri, Issa ‘Amro, Ahmad Jundiyeh, Nasser Harizat, Abu Sa’ifan, Oren Yakobovich, Nayel Najar | Concepto e coreografía: Arkadi Zaides | Consultor de vídeo: Effi e Amir (Effi Weiss e Amir Borenstein) | Arte sonora e dramaturxia da voz: Tom Tlalim | Asesoría artística: Katerina Bakatsaki | Asistente de coreografía: Ofir Yudilevitch | Vestiario: Adam Kalderon | Iluminación: Thalie Lurault | Control remoto da interface: Pierre-Olivier Boulant | Director técnico: Etienne Exbrayat | Director de son: Etienne Exbrayat | Técnico de son: Cyril Communal | Produción: Yael Bechor/Naama Golan | Agradecementos a Myriam Van Imschoot | Producido por: Arkadi Zaides | Coproducido por: Festival D’Avignon (FR), CDC Toulouse (FR), Theatre National De Chaillot (FR), CNDC Angers (FR) | Residencias en: CDC Toulouse (FR), CNDC Angers (FR), STUK Leuven (BE), Theatre National De Chaillot (FR), WP Zimmer (BE) | Distribución internacional: Key Performance.

Estrea

Festival de Avignon, 8 de xullo de 2014.

Estrea en España no festival Escenas do Cambio’16, Santiago de Compostela.