Altered natives Say Yes To Another Excess – TWERK

Cecilia Bengolea e François Chaignaud | Francia – 50 min.

11 FEBREIRO - 20.30h – Sala 1


entradas

Dotados dunha grande experiencia en clubs de todo o mundo, Cecilia Bengolea e François Chaignaud decidiron facer dos clubs de baile un centro de investigación antropolóxica. Atopar unha escrita singular para poñer de relevo a natureza orgánica destas danzas e instalalo nun deseño gráfico axeitado foi un reto para estes curiosos bailaríns que para a ocasión se arrodearon doutros tres artistas (Alex Mugler, Ana Pi e Elisa Yvelin) e DJs famosos da escena Grime de Londres (Elías e Skilliam da compañía discográfica de Londres Butterz). O escenario convértese nun crisol onde se amasan bailes actuais que van dende o dancehall xamaicano ao House, pasando polo Twerk xunto a unha investigación musical realizada por DJ que transforma os sons. A forza expresiva destas danzas extremas para crear un espazo de confraternidade compartida e de poesía contemporánea.

Twerk

Cecilia Bengolea e François Chaignaud

Os bailaríns e coreógrafos Cecilia Bengolea e François Chaignaud levan colaborando dende 2005. Súas son as obras Pâquerette (2005-2008), Sylphides (2009), Castor et Pollux (2010), Danses Libres (baseada en coreografías de François Malkovsky e Suzanne Bodak, 2010), (M)IMOSA (con Trajal Harrell e Marlene Monteiro Freitas, 2011) e DUB LOVE (2013). Bengolea & Chaignaud, seguindo a idea desta edición do festival, teñen unha calidade de movemento única coa que conseguiron facerse ver actuando sempre dende a marxe e dende o exceso. Un baile total que non separa as diferentes partes da vida, senón que as integra e as concibe coma un todo, unindo o popular e o sagrado, o privado e o público, o lecer e a arte.

Ficha artística

Creado por: Cecilia Bengolea and François Chaignaud | Intérpretes: Élisa Yvelin, Alex Mugler, Ana Pi, Cecilia Bengolea e François Chaignaud | Música: DJ Elijah, DJ Skilliam (Butterz, London – UK) | Iluminación: Dominique Palabaud, Jean-Marc Segalen, Cecilia Bengolea e François Chaignaud | Vestiario: Cecilia Bengolea e François Chaignaud | Produción/Administración: Cécile Vermorel | Difusión: Sarah de Ganck / Art Happens | Asistente de consultoría: Alexandre Roccoli | Asesor musical: Miguel Cullen | Grazas a Elisabeth Schwartz, Warren, Mike, Sarah Chaumette, Alexandre Paulikevitch, Blazin Twins, Boot Dance Camp, Marie-Thérèse Allier, Frédéric Perouchine, Courtney Juicy Couture, Laurent Vinauger | Producido por: Vlovajob Pru | Coproducido por: Biennale de la danse de Lyon; Les Spectacles Vivants – Centre Pompidou (París); Festival d’Automne à Paris; Centre de Développement Chorégraphique Toulouse/Midi-Pyrénées; Centre Chorégraphique National de Franche-Comté à Belfort; Centre Chorégraphique National de Grenoble; Le Vivat d’Armentières – Scène conventionnée danse et théâtre; Centre Chorégraphique National de Caen/Basse-Normandie | Produción creada por: Arcadi, Chez Bushwick – NYC (development residence), FUSED: French U.S. Exchange in Dance, un programa da New England Foundation for the Arts’ National Dance Project, the Cultural Services of the French Embassy en United States, e FACE (French American Cultural Exchange) co financiamento da Doris Duke Charitable Foundation e de Florence Gould Foundation | Co apoio de La Ménagerie de Verre (París).

Estrea

Setembro de 2012 na Bienal da danza de Lyon, Francia.

Estrea en España no festival Escenas do Cambio’16, Santiago de Compostela.