Afectos

Rocío Molina e Rosario La Tremendita | Andalucía – 75 min.

13 FEBREIRO - 20.30h – Sala 1


entradas

Afectos é unha reflexión de Rocío Molina e Rosario La Tremendita baseada na loita do ser e na capacidade de atopar a sinxeleza, a naturalidade e a confianza a través da existencia. Un traballo emotivo onde o silencio, a vibración, as texturas sonoras, a estética, o son, a voz, a danza ou a escena percorren un camiño de fonda busca cara ao máis profundo de cadaquén. Afectos expón a súa propia investigación para explicar que a imperfección é perfecta. Afondar na dureza da emoción, na fraxilidade da dor e no pracer atopado. Desafiar as verdades e crer nas mentiras é o que ambas artistas defenden nesta proposta conxunta.

Afectos

Rocío Molina

Coreógrafa iconoclasta, Rocío Molina acuñou unha linguaxe propia cimentada na tradición reinventada dun flamenco que respecta as súas esencias e se abraza ás vangardas. Radicalmente libre, une nas súas pezas o virtuosismo técnico, a investigación contemporánea e o risco conceptual. Ao longo da súa carreira colaborou con grandes figuras do flamenco como María Pagés, Miguel Poveda, Antonio Canales ou Israel Galván. Rocío Molina pertence a esa estirpe de bailaríns e coreógrafos únicos que fixeron da investigación, da fusión e da posta en dúbida da tradición a súa razón de ser. Afectos, concerto e baile, é calor en pleno inverno do Gaiás, un resumo e un belo fin de festa para Escenas do cambio 2016.

FICHA ARTÍSTICA

Idea orixinal: Rocío Molina, Rosario La Tremendita | Música orixinal: Rosario La Tremendita. Pablo Martín | Coreografía: Rocío Molina | Dirección musical: Rosario La Tremendita | Responsable de dramaturxia, escenografía e deseño de iluminación: Carlos Marquerie | Realización de vestiario: Mai Canto | Deseño de son: Javier Álvarez, Pablo Martín | Deseño e realización de atrezzo: Iñaki Elso Torralba | Fotografía: Tamara Pinco | Dirección: Loïc Bastos | Administración: Magdalena Escoriza | Elenco: Rocío Molina, baile. Rosario La Tremendita, cante e guitarra. Pablo Martín, contrabaixo e loops.

Estrea

20 de outubro de 2012 no Mercat de les Flors de Barcelona.