55

Radouan Mriziga | Marrocos – 55 min.

6 FEBREIRO - 20.30H – Sala 1


entradas

Radouan Mriziga presenta en Escenas do Cambio a súa primeira creación: 55, un solo no que xoga constantemente coa perspectiva e as expectativas do espectador. En 55, Mriziga fai do seu solo unha danza-investigación con dúas facetas. Unha, centrada na execución dunha serie de movementos, poñéndose a si mesmo nunha situación cada vez máis complexa. A outra, analiza o carácter narrativo de certas situacións que mudan, facendo fincapé no volume do corpo. O artista mide pouco a pouco o espazo e crea un patrón de solo requintado, convertendo 55 nunha exploración da relación do corpo co espazo a través de xestos simples e cunha intensidade tranquila.

55

Radouan Mriziga

Estudou en Marrocos, Tunisia e Francia e graduouse na famosa escola de danza contemporánea P.A.R.T.S de Bruxelas. Dende 2008 vive e traballa na capital belga como artista no Moussem Nomadic Arts Centre, centro que nas súas actividades reflexiona sobre o impacto da globalización causada polos vellos e novos fluxos migratorios. Traballou en Half Elf Zomeravond con Bart Meuleman e foi un dos intérpretes da produción Re: Zeitung, un proxecto de P.A.R.T.S e De Munt no que unha nova xeración de bailaríns profesionais reelaboran o repertorio de Anne Teresa De Keersmaeker. Unha das pezas máis relevantes do último Kunstenfestivaldesarts (Bruxelas), delicada e exacta como un poema.

FICHA ARTÍSTICA

Concepto e interpretación: Radouan Mriziga | Produción: Moussem Nomadic Arts Centre | Coprodución: C-mine (Genk), WP Zimmer (Amberes) | En colaboración con: Cultuurcentrum Berchem, Pianofabriek (Bruxelas), O Espaço do Tempo (Portugal), STUK (Lovaina).

Co-presentación Alkantara co apoio de DNA – Programa Europa Creativa.

Estrea

Decembro 2014, Moussem Nomadic Arts Centre (Bruxelas).
Estrea en España no Festival Escenas do Cambio´16.