Se un introduce Self Unfinished de Xavier Le Roy en youtube, atópase cun vídeo que alcanza case as 300000 visitas. Non nos fiamos moito de youtube, pero é evidente que este traballo, de
1998, pasou a formar parte da historia da danza europea. Nos anos 90, dous coreógrafos, amigos e cómplices, empezan a rebentar o eslamiado panorama da danza en Francia. Jérôme Bel e Xavier Le Roy crean unha nova linguaxe, onde os bailaríns deixan de ser corpos disciplinados ao servizo do poder e do espectáculo, para desvelar precisamente as xerarquías e a problemática que encerra esa idea tradicional de espectáculo, que xa Guy Debord atacou de forma frontal.

Xavier Le Roy chega por primeira vez a Galicia con esta peza fundamental da danza moderna, chea de intelixencia pero tamén de humor, e que foi o punto de partida dunha das obras máis
fascinantes e valoradas da actual escena mundial.

Ficha técnica

Idea, dirección e interpretación: Xavier Le Roy.
Colabora: Laurent Goldring.
Música: Diana Ross.
Produción: In situ Productions e Le Kwatt.
Coprodución: Substanz-Cottbus, TIF Staatsschauspiel Dresden, Fonds Darstellende Künste e.v. aus Mitteln des Bundesministeriums des Innern.
Colabora: TanzWerkstatt-Berlin, Podewil-Berlin and the Berlin Senatsverwaltung für Wissenschaft e Forschung und Kultur.

Estrea

1998

MERCAR ENTRADA